[+] Inicio | Noticias | Programas | Emisión en Directo | TV a la carta | Programación | Cobertura | Foro | Contacto

Buscador Web:

|

RSS:

|

Newsletter:

 

Os puntos de asesoramento do Programa de educación para a saúde e prevención de drogas e alcohol xa están en pleno funcionamento.

Os puntos de asesoramento para pais e nais, así como os puntos de asesoramento para rapaces e rapazas xa se atopan en funcionamento. Estes puntos de asesoramento enmárcanse dentro do Programa de educación para a saúde e prevención de drogas e alcohol que o Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros, situado no complexo cultural A Fábrica, leva a cabo todos os anos co fin de ser un apoio ás familias do municipio. O obxectivo desta iniciativa é desenvolver de forma axeitada as súas funcións educativas e socializadoras, e superar situacións de necesidade e risco social. As sesións son individualizadas e están dirixidas por unha pedagoga. Co obxectivo de dar maior cobertura ás necesidades dos cidadáns e facilitar a asistencia de todos os veciños e veciñas interesados, estes puntos de asesoramento do Concello de Oleiros estarán operativos os luns e xoves de 16.30 a 17.30 horas. Todas as persoas interesadas en acudir a estes puntos poden solicitar cita previa no Centro de Información Xuvenil, ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico c.xuventude@oleiros.org.

Enviar Noticia Enviar Noticia | Imprimir Noticia Imprimir Noticia | Volver
Compartir con Amigos:
 
 
Copyrigth © Radio Televisión Ferrol S.L. (tvferrol.es), todos los derechos reservados. | Plataforma hospedada en territorio Español. | Ciertos Contenidos pueden estar bajo "Copyrigth ®" o ser "Marcas Registradas ™" de sus títulares, queda terminantemente prohibido el uso de los contenidos de esta página web sin el consentiemiento por escrito de Radio Televisión Ferrol S.L. | Powered by Ciolet.com | Ver Condiciones Generales | Ver Aviso Legal