[+] Inicio | Noticias | Programas | Emisión en Directo | TV a la carta | Programación | Cobertura | Foro | Contacto

Buscador Web:

|

RSS:

|

Newsletter:

 

A COMPAÑÍA O ELEFANTE ELEGANTE ABRE A NOVA TEMPADA TEATRAL DE OUTONO NO JOFRE COA OBRA “IN”

O concelleiro de Cultura, Manuel Reyes García Hurtado, presentou esta mañá o espectáculo “IN” da compañía O Elefante Elegante, o primeiro que se representará no Jofre dentro da nova tempada teatral de outono. Acompañaron ao edil ferrolán María Torres e Gonçalo Guerreiro, os creadores da peza que o xoves e o venres se porá en escena no teatro ferrolán, a partir das 20:30 horas. O prezo das entradas é de 5 euros e se poden adquirir xa de maneira anticipada no despacho do Jofre ou por Internet.

 

García Hurtado explicou que se trata de unha obra teatral programada pola anterior corporación municipal que o seu departamento apoia polo seu “dinamismo e creatividade”. Neste sentido, salientou que en  “IN” “se conxuga a danza, o movemento, a palabra, e a musica creando un espectáculo novidoso, creativo e universal.” E ao fío disto, engadiu que a  compañía O Elefante Elegante fai “un teatro baseado na capacidade de comunicación do artista”. O edil delegado de Cultura convidou ao ferroláns a asistir a esta representación e insistiu en que o obxectivo da programación cultural do Concello “é colocar ao Jofre á altura do principal teatro do norte de Galicia, como o foi fai tempo”.

 

Pola súa parte, María Torres e Gonçalo Guerreiro indicaron que perseguen comunicarse co espectador dende o inicio até o final do espectáculo. A estrutura dramatúrxica do mesmo baséase na peza teatral de Bertold Brecht “A voda dos pequenos burgueses”, e dos contos populares “Brancaneves”, “O rei sapo”, “Os zapatos vermellos” e “A vendedora de mistos”. A acción desenvolvese ao redor da celebración dunha voda. A actitude afectada e hipócrita dos noivos e convidados esgótase rapidamente para dar lugar a comportamentos de envexa e ciumes cun pseudo ideal de beleza como pano de fondo. 

Enviar Noticia Enviar Noticia | Imprimir Noticia Imprimir Noticia | Volver
Compartir con Amigos:
 
 
Copyrigth © Radio Televisión Ferrol S.L. (tvferrol.es), todos los derechos reservados. | Plataforma hospedada en territorio Español. | Ciertos Contenidos pueden estar bajo "Copyrigth ®" o ser "Marcas Registradas ™" de sus títulares, queda terminantemente prohibido el uso de los contenidos de esta página web sin el consentiemiento por escrito de Radio Televisión Ferrol S.L. | Powered by Ciolet.com | Ver Condiciones Generales | Ver Aviso Legal