[+] Inicio | Noticias | Programas | Emisión en Directo | TV a la carta | Programación | Cobertura | Foro | Contacto

Buscador Web:

|

RSS:

|

Newsletter:

 

O Carnaval da mala baba

(09/02/13)A entronización do Momo abre cinco días de festa na cidade que rematarán o mércores con lume e auga na praia de San Amaro/

Está o tempo para xoldas pero sempre que teñan mala baba. Está o tempo para carnavais pero só se a esmorga vale para desenmascarar aos que levan máscara, aínda que non o pareza. O deus Momo tomou posesión onte do seu trono no Obelisco para vixiar que as festas máis carnívoras da Coruña non se esquezan de que de que hai que aproveitar que, por uns días, a cidade ten patente de corso e pode pedir o exilio de todo o que lle fai mal. "Hai que botar os desgustos, hai que botar o meigallo, hai que botalos", proclamou o rei do Entroido.

O Momo é este ano un Merlín con sardiña e porco, que abandona os motivos críticos e de actualidade doutros tempos no seu deseño, e convírtese nun mago preocupado por "romper o meigallo do ano que mal comezou". "Bruxas e meigas, fóra das miñas leiras", berrou a efémera divinidade, que deixará de existir o mércores en San Amaro pero que xestiona o seu reinado de cinco días con moita intensidade.

"Crece o paro e os recortes e recortan o que crece", versou don Carnal coma un indignado, que protesta polos políticos tortos, polo "II ano mariano", polo euro por receta e porque "antes ías ao mercado a comprar chourizos e agora son os chourizos os que gobernan os mercados". "Miña nai e miña tía, como anda a monarquía", lamentou entre xeques e odaliscas, elvis dourados, cazadores con coroa de safari en África e até a raiña da Gran Bretaña coa súa garda real. Invitou o Momo a "poñer o mundo ao revés". "¡Durmide de pé ou mellor non durmades, facede o que diga o corpo, que o corpo sabio é!".

Enviar Noticia Enviar Noticia | Imprimir Noticia Imprimir Noticia | Volver
Compartir con Amigos:
 
 
Copyrigth © Radio Televisión Ferrol S.L. (tvferrol.es), todos los derechos reservados. | Plataforma hospedada en territorio Español. | Ciertos Contenidos pueden estar bajo "Copyrigth ®" o ser "Marcas Registradas ™" de sus títulares, queda terminantemente prohibido el uso de los contenidos de esta página web sin el consentiemiento por escrito de Radio Televisión Ferrol S.L. | Powered by Ciolet.com | Ver Condiciones Generales | Ver Aviso Legal